Memoria

A nosa memoria do proxecto

Agora que se aproxima o fin de curso, e que xa estamos acabando o noso proxecto, consideramos oportuno facer memoria de todo o que fixemos ao longo deste ano.

Todo comezou a finais do mes de Setembro, cando o noso profesor Rafael nos propuxo a idea de facer o traballo de Galicons. Comezamos elexindo uns dos temas que nos ofreceu o noso profesor, "o consumo  de diferencias de xénero". Despois fomos dándonos ideas entre todos e fixemos un esquema onde representamos os principais puntos do noso proxecto, que nos serviu como punto de partida para estructurar o noso traballo. 

Decidimos crear un blog chamado "diferentes-xogos-diferente-moda" que ía ser o espazo para darlle visibilidade ao noso traballo.

Comezamos a traballar analizando catálogos de xoguetes de diferentes tendas, e ao facelo, descubrimos que siguen existindo moitísimas diferenzas  entre os xoguetes dirixidos a nenas e os dirixidos a nenas.

Tamén analizamos algúns anuncios de perfumes, e descubrimos que as colonias cambian drásticamente según ao xénero ao que están dirixidas. Por exemplo: nos tipos de frasco, nas cores ou nas emocións que trasmiten. Para os homes utilizan cores intensas e vivas, frascos grandes e contundentes e trasmite emocións como a valentía, forza ou  o poder. Pero para as mulleres utilizan frascos máis pequenos e estilizados, cores menos fortes e trasmite emocións como a delicadeza ou a sensualidade.

Por outra banda tamén analizamos a moda, nesta parte observamos a división que teñen as tendas en relación aos xéneros. Nelas observamos que algunhas zonas masculinas e femininas están divididas por cores esteriotipadas. Ademáis. vimos que os deseños das camisetas cambian segundo estean dirixidas a un xénero ou outro. 

Tamén falamos dos disfraces, nos cales vimos que os disfraces para o xénero feminino están moitísimo máis sexualizados ca os masculinos.

Unha parte importantísima do noso blog e do noso traballo ao longo do curso foron as entrevistas tanto a dependentes de tendas de moda, como as entrevistas anónimas que usamos para facer as estadísticas. No caso das tendas fomos persoalmente á Picota a facerlle as entrevistas tanto en video, como en audio ou en papel. E no caso das entrevistas anónimas realizamolas maioritariamente no noso centro, pero tamen as repartimos entre familiares e coñecidos. Con elas aspirábamos a facer as estatísticas que temos agora no blog.

Na seguinte parte do traballo analizamos algúns videoxogos. Primeiro dividímolos en seccións de  deportes, estratexia, acción, aventura e loita. Despois analizamos cada un dos seus esteriotipos, tanto físico como de rol.

Por último fixemos unha das partes as cales lle dedicamos máis tempo, un fondo de xoguetes coeducativo. Con el pretendíamos que a xente aprendese que non deben existir os esteriotipos relacionados cos xoguetes. Como por exemplo pensar que as pistolas, coches, espadas... son para os rapaces, e que as bonecas, cociñas... son para as nenas.

Para 








CPI A Picota
Diseñado en 2018
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar