Análise de catálogos de xoguetes

05.12.2018

Nestas dúas imaxes as diferenzas que atopamos entre un e outro xénero son os tipos de xoguetes usados no femenino e no masculino basados nos tempos da antigüedade. 

Móstranos como antes, en tempos de guerra e de fame as persoas da familia que ían traballar eran os homes e que os seus traballos se fundamentaban na forza e no poder, como por exemplo a construcción, traballo nas fábricas, todo o relacionado ca industria, etc.

Ao contrario, as mulleres vivían na casa todo o día e facían as tarefas da casa, como eran, cociñar, limpar xa que non podían saír da casa sen os seus maridos que as acompañaran.


05.12.2018

Nesta representación volvemos a destacar a influencia das cores tanto en rapaz como en rapaza.

No xénero femenino os cores que destacan son o rosa xa que habitualmente representa a feminidade é así, supostamente, un color cheo de delicadeza que reflexa os atributos inherentes á muller.

No xénero masculino os cores que destacan son o azul xa que se empezou a utilizar noutra época como unha cor poderosa e forte, así mesmo, a cor azul foi asociada por moita xente como unha cor masculina

Como conclusión, non todos estamos de acordo con ese pesamento e non todos temos a mesma opinión.


10.12.2018

Nesta imaxe móstrase unha nena exercendo de coidadora dun bebé, o que contribúe a identificar o xénero femenino con roles da responsabilidade familiar, atención aos fillos, coidados no fogar e unha vez máis a cor que está en maior proporción é o rosa.


10.12.2018

Nesta imaxe pódese apreciar a unha nena que está representando o rol de coidadora dun boneco que representaría un bebé. Identificase pois xénero feminino con natalidade e coidados a infancia.

Tamén vemos que o cochiño do boneco é principalmente de cor rosa, cor relacionada tradicionalmente co xénero feminino.


10.12.2018

Nesta foto podemos ver un xoguete que está dirixido as nenas polo tipo de cores que utiliza e o tipo de personaxes que protagonizan o xogo (Todas son princesas e unicornios con rasgos femininos). 


10.12.2018

Aquí vemos unha estratexia de venta que consiste en diferenciar a quen se dirixe o produto mediante o diseño de cada xoguete. O coche que está dirixido ás nenas ten un diseño de princesas e é de cor rosa, mentres que o que se lle quere vender aos nenos ten un diseño de Rayo Mcqueen, con cores máis intensos e potentes. Incluso se nos fixamos na descripción de cada produto vemos que no coche rosa se define como "divertido" e en cambio no coche vermello para os nenos destácase a velocidade mediante o son do coche cando acelera. Polo tanto o coche feminino relacionase coa diversión cos sons e o masculino ca velocidade e a competición.


10.12.2018

Ahora estamos vendo as diferenzas outra vez entre un xoguete dirixido hacia as nenas e aos nenos. Destacan claramente dúas cores, un para cada xénero, o azul para os nenos e o rosa para as nenas. Ademáis, vemos que hai unha diferencia de tamaño entre o osiño da cor vinculada ao xénero masculino (máis grande) e o da cor rosa feminina (máis pequena).


10.12.2018

Por último vemos que nos xoguetes relacionados coa cociña puxeron a unha nena fregando a louza. Dando por feito que as rapazas van a comprar estes xoguetes e relacionando o xénero feminino coas tarefas do fogar.


10.12.2018

O que chama á nosa atención nesta imaxe é o rapaz sentado no coche de xoguete e conducindo , pero tamén nos damos conta da posición na que él se atopa , está sentado no coche, conducindo, cunha posición de prepotencia.

Esto é unha situación que ocorre hoxe en día xa que nunha parella na que existe un xénero femenino e un xénero masculino, é o home quen soe conducir, tan só por tradición ou porque habitualmente se relaciona ao xénero masculino co gusto polos coches e a condución.

Pareceríanos extraño que unha nena aparecese reprensentando o papel do rapaz do coche ?

CPI A Picota
Diseñado en 2018
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar