Estereotipos en xoguetes

23.01.2019

Este xogo consiste en formar dous equipos, un de mozas e outro de mozos. Elas teñen que pintar, representar e adiviñar o que 'corresponde' aos mozos: un fóra de xogo, o escudo do Atélico de Madrid., etc. Eles teñen que facer o propio coas mozas: interpretar o cambio dun cueiro, saber os títulos das revistas de moda, etc.

Estas son algunhas das probas que inclúe ' Party & Co. Ellas Ellos', da empresa Diset.

Micromachismos (sección de eldiario.es) púxose en contacto coa empresa, que asegura que hai que "poñerse en situación" e entender que o obxectivo é "rirse cun grupo de amigos": " O xogo consta de 800 probas e preguntas, para que ambos equipos rían conxuntamente destes estereotipos de homes e mulleres que en ningún momento promoven nin fan xuízo algún sobre eles, só tentan que os xogadores o pasen ben". 

Diset promociona o seu xogo con vídeos como estes, xulgade vos mesmos que vos parece:

CPI A Picota
Diseñado en 2018
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar