Cuestionario sobre a moda

15.03.2019

Pregunta 1: Que importancia lle atribúes ao vestiario?

Nesta pregunta podemos observar as diferentes respostas entre as mulleres e os homes; por exemplo, vemos que máis do 50% das mulleres lle dan moita importancia ao vestiario mentres que ningunha respondeu que non lla dá.

Pola contra, observamos que menos do 50% dos homes afirma que lle da moita importancia ao vestiario e incluso hai homes que non lle dá ningunha (10%).


Pregunta 2: Con que frecuencia compras roupa?

Nesta pregunta, o que observamos é que as mulleres e os homes teñen un porcentaxe case igualitario de entorno ao 50% cando se lles pregunta sobre o momento que seleccionan para comprar roupa (só cando a necesitan).

Tamén observamos que as mulleres soen comprar máis veces ao mes ca os homes. Sen embargo, estes teñen un porcentaxe maior ao analizar o número de veces que compran á semana.


Pregunta 3: Que presuposto destinas a comprar roupa ao mes?

Nesta pregunta, o que observamos é que as mulleres soen gastar máis na roupa ca os homes co presuposto entre 50 e máis de 100 euros.


Pregunta 4: Cres que inflúe o sexo dos bebés á hora de elixir a roupa?

Nesta pregunta, observamos que a maior parte das mulleres din que o sexo dos bebés ten influencia á hora de mercarlles a roupa mentres que os homes non aportan unha resposta clara a esta pregunta.

Sen embargo, se observamos o total a maioría dos enquisados afirman que o sexo si importa á hora de elixir a roupa dos bebés.


Pregunta 5: Atopas nas tendas de moda moitos complementos para ti?

Nesta pregunta, observamos que as mulleres encontran con máis frecuencia ca os homes complementos para elas nas tendas (+50%).

A parte, o 28% dos homes afirma que nunca encontra complementos para eles nas tendas, mentres que nas mulleres o porcentaxe neste caso é dun 2%.

Analizando estes resultados, podemos deducir que nas tendas existe unha maior oferta de complementos (xoias, bufandas, carteiras...) para mulleres que para homes.


Pregunta 6: Compraríaste ou poríaste unha prenda do sexo contrario?

Nesta pregunta, observamos que a maioría das mulleres enquisadas din que non terían ningún problema a hora de por ou mercar unha prenda dirixida ao sexo contrario.

Pola contra, vemos que os homes non opinan o mesmo, pois hai un porcentaxe dun 41% que non se poría unha prenda do sexo contrario e un 17% que lle daría igual.

CPI A Picota
Diseñado en 2018
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar