Cuestionario sobre os xogos

26.04.2019

Pregunta 1:

As mulleres participantes nesta enquisa recoñecen xogar maioritariamente ás bonecas e ás cociñas, sen embargo só un 5% dos homes recoñecen que xogan ou xogaron con bonecas e ningún con cociñas.

Con respecto aos xogos tradicionais e de mesa os dous porcentaxes aproxímanse ao 50 %, deste xeito podemos concluír que estes xogos non están asociados a un xénero concreto, polo que serían un bo exemplo de xogo coeducativo.


Pregunta 3:

Como podemos ver nestas gráficas as mulleres entrevistadas afirman xogar maioritariamente de xeito exclusivo con nenas e pasa o mesmo no caso dos nenos, onde a maioría afirma que xoga só con nenos.

En cambio tanto os homes como as mulleres afirmaron que ao longo da súa vida xogaron sempre máis dun xeito mixto.


Pregunta 7:

Nesta pregunta podemos observar que tanto as mulleres como os homes que foron entrevistados pensan que hoxe en día os rapaces e rapazas xogan xuntos, pero non afirman que sexa así sempre, senón só algunhas veces.

Aínda así como dato a destacar, un total de 8 persoas dixeron que os rapaces e rapazas nunca xogan xuntos ós xogos e videoxogos.



Pregunta 8:

Vendo a seguinte gráfica podemos considerar que os homes e as mulleres non terían problema en xogar con un xoguete de cor rosa pero tamén cabe destacar que un total de 13 persoas entrevistadas non xogarían con un xoguete desa cor.

Finalmente apreciamos que no caso dos homes parecen existir máis dificultades a xogar con un xoguete de cor rosa


Pregunta 9:

Como na gráfica anterior consideramos que tanto o xénero masculino como o femenino non terían problema en xogar cun xoguete de cor azul pero tamén destacamos que un total de 10 personas non xogaría cun xoguete totalmente desa cor.

Finalmente vemos que o xénero masculino presenta máis dificultades á hora de xogar cun xoguete de cor azul.

Como conclusión, observamos que nestas dúas preguntas ningunha das dúas cores está abdicada aos xéneros masculino e femenino. 


Pregunta 11:

Como podemos observar nos gráficos desta pregunta, as mulleres xogan ou xogaron maioritariamente ás casiñas de bonecas ou ás cociñas. Ao contrario, os homes afirman non xogar ou non ter xogado prácticamente a estes xogos.

Como conclusión, despois de analizar eses datos podemos decir que os xogos como as bonecas e as casiñas de cociñas seguen sendo asociados ao xénero femenino.


Pregunta 12:

Observando os datos desta pregunta podemos ver que todos homes recoñecen xogar ou teren xogado sempre aos coches tratores ou outrps vehículos, pola contra, as mulleres confesan que non sempre xogaron ou xogan a eses xogos.

Finalmente e como conclusión, podemos decir que asociamos estes xogos maioritariamente ao xénero masculino.


Pregunta 13:

Analizando os datos desta pregunta podemos observar que as mulleres creen maioritariamente que cada vez xogan máis xuntos, e incluso que o deberían facer máis. Isto contrasta ca opinión dos homes, xa que eles creen que aínda non xogan xuntos nin consideran necesario que esto deba cambiar.

CPI A Picota
Diseñado en 2018
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar