Quen somos?
Somos un grupo de seis rapaces e rapazas que vamos facer un proxecto sobre as diferenzas por xéneros á hora de xogar e á hora de vestir. Centrarémonos sobre todo no consumo de xoguetes e de roupa.
Ao longo deste curso estaremos entrevistando a algúns alumnos e mestres do noso centro e incluso a algúns depententes das tendas dos arredores.
Tamén faremos unha exposición sobre os diversos estilos de xoguetes segundo a elección dalgúns nenos e nenas.
”Os tipos de xogos e o tipo de moda non deberían estar divididos en xéneros xa que todos os rapeces e todas as rapazas teñen dereito a usar algún tipo de roupa igual ca o sexo oposto, o mesmo pasa cos xogos".
