Diferenzas nos xoguetes
Nesta primeira entrada imos analizar diversos xoguetes que atopamos buscando nalgúns catálogos deste Nadal.
Antes que nada, consideramos preciso facer un comentario aclaratorio sobre a nosa primeira impresión ao ver as cores e os estilos dos xoguetes que atopamos.
Podemos observar que a maioría dos xogos que supostamente están destinados para as nenas, teñen unhas cores moi claras e vivas, principalmente cores rosados. Esta cor foi tradicionalmente asociada co feminino e segundo puidemos investigar, orixinalmente facía referenza a calidades relacionadas coa sensibilidade, beleza e elegancia.
Por este motivo foi asignado historicamente ás mulleres xa que socialmente se consideraban portadoras destas calidades.
Por outra parte, os que están destinados aos nenos, utilizan as cores escuras e apagadas, especialmente azul, xa que dende a antigüidade esas cores indican forza, inmortalidade e lealtade.
A continuación imos presentar unha serie de mostras, logo de analizar diversos catálogos de xoguetes, que poden ser representativas destas diferenzas de xénero.
Nesta imaxe do conxunto de páxinas dun catálogo podemos observar claramente a distinción de cores repartidas entre os dous xéneros. A primeira vista resaltan dous tipos de cores, a cor rosa e a cor azul, estas dúas clasificadas en dúas seccións
Ca cor rosa asociamos o xénero femenino e ca cor azul o xénero masculino, xa que, os xoguetes `` femeninos ´´ como son xogos de peluquería, de maquillaxe e sobre todo as bonecas e todo o relacionado con elas e pola contra os xoguetes ``masculinos´´ como son os coches e as motos, as pistolas e as pelotas donde o xogo máis habitual é o fútbol.